zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.


zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

mapag_fmt

Primeiro. Establecer como zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia as que se indican no documento gráfico do anexo I e na lista de concellos e parroquias afectadas do anexo II desta resolución.

Segundo. Establecer as seguintes medidas fitosanitarias de obrigado cumprimento dentro das zonas demarcadas:

a) Os propietarios que detecten a presenza da praga ou dos seus síntomas en árbores da súa propiedade teñen a obriga de comunicalo aos servizos oficiais de sanidade vexetal da súa provincia.

b) No momento en que se detecte a presenza na súa explotación ou horto privado do organismo nocivo Trioza erytreae Del Guercio (psílido africano dos cítricos), os afectados deberán realizar os tratamentos fitosanitarios determinados polos servizos técnicos oficiais. Como mínimo realizaranse dous tratamentos consecutivos cun intervalo de dúas a tres semanas alternando, se é posible, as materias activas autorizadas.

c) Na aplicación dos tratamentos terase en conta a etapa do cultivo, adecuaranse a ela os produtos elixidos para a loita contra o organismo nocivo e respectaranse en todo momento os condicionamentos e restricións establecidos pola lexislación vixente.

d) Aos viveiros situados en zonas demarcadas solicitaráselles censo de especies sensibles, datos de orixe e datas de adquisición das partidas, así como datos de destino nos últimos dous anos para a análise da devandita documentación.

e) Prohibirase o traslado ou movemento de todas as especies sensibles indicadas no anexo III nas zonas demarcadas, así como a comercialización de froitos de cítricos con follas ou pedúnculos se estes proceden das zonas demarcadas.

f) No punto de destino final de froitos de cítricos nas zonas demarcadas (centrais hortofrutícolas, centros de almacenamento) distribución ou expedición as instalacións terán que cumprir un protocolo en materia de hixiene dos vehículos de transporte, que consistirá en dispor dunha zona para a limpeza de camións onde se realice unha desinfección do vehículo para evitar a entrada da praga e a posible dispersión fóra das zonas demarcadas.

Terceiro. Os afectados polo organismo nocivo Trioza erytreae Del Guercio deberán prestar toda a colaboración que sexa necesaria para levar a cabo as actuacións que determine a Consellería do Medio Rural e do Mar para a erradicación e control da praga.

Cuarto. A localización e extensión das zonas demarcadas poderase modificar a medida que se realicen novas prospeccións e se detecten novos puntos positivos.

Fuente: CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR – Xunta de Galicia.

Facebooktwitterlinkedinrssyoutube
Facebooktwitterredditpinterestlinkedinmail

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *